Ven, 04/10/2013
- O acto contou coa presenza do conselleiro de Cultura e Educación, Xesús Vázquez que foi o encargado de pechar o acto
- A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e mais o artista Antón Lamazares presentaron hoxe a imaxe que acompañará ao material promocional, gráfico e audiovisual dos actos conmemorativos do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago
- O artista explicou que a imaxe creada para a efeméride simboliza unha homenaxe ‘a todo o que acontece nas culturas de Europa’
- O logotipo creado nunha peza de cartón representa a austeridade franciscana e está escrito co ‘alfabeto Delfín’ creado polo artista e nel pode lerse ‘Asís 800 Compostela’