Ven, 20/12/2013
- A Capela do Pilar da Catedral de Santiago, as tullas do Mosteiro de San Martiño Pinario e mais a Igrexa de San Francisco son as sedes da exposición que recolle escenas do Nacemento de Xesús procedentes de países como Italia ou Austria, entre outros
- A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, inaugurou a exposición, que contou co presenza do deán da Catedral, Segundo Pérez, e dun representante da cidade italiana de Rieti, Diego di Paolo
- A exposición, promovida por Turismo de Galicia, pode visitarse ata o día 2 de febreiro e inclúe pezas de artistas como Guido Reni ou Arturo Baltar e abarca un período expositivo que vai dende o Medievo ata o mundo contemporáneo