Por primeira vez, un grupo de estudantes universitarios americanos do College of William & Mary (Virginia) viaxaron a Santiago de Compostela para participar no primeiro seminario do Institute for Pilgrimage Studies. Trátase dunha experiencia inédita que foi coordinada polo hispanista e experto en cultura xacobea, George Greenia e mais pola socióloga Kathleen Jenkins.