Por iniciativa da Asociación de Amigos dos Camiños de Santiago do Sueste – Caudete, e coa a finalidade de axudar ao peregrino, foi reforzada e ampliada a sinalización da etapa que une Villena (Alacante) con Caudete (Albacete) no Camiño de Santiago. Dita ampliación foi colocada de xeito estratéxico e consistiu tanto en reforzar o camiño con frechas amarelas como en pintar un Panel Informativo e unha cuncha con frecha amarela en fondo azul á saída da veciña localidade de Villena.