A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral para o Turismo e da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo está presente estes días no encontro anual da asociación American Pilgrims, que estes días se celebra no San Pedro Center – Winter Park de Florida. Trátase dun encontro de asociacións de amigos do Camiño de Santiago que este ano congregará, ademais dos máis de 200 membros da asociación americana, aos presidentes e representantes da asociación anglófona de Canadá –Canadian Company of Pilgrims- e mais da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago de Xapón.