A S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, en colaboración co Consulado Español, ven de inaugurar en Hamburgo a exposición fotográfica itinerante “Camiño de Santiago. Unha visión dende Oriente, Tomohiro Muda”, que permanecerá nesa cidade alemá ata o 30 de abril. A exposición ten lugar na Christus Kirche, unha igrexa luterana do século XIV que foi reconstruída trala II Guerra Mundial e que está situada no zona de Wandbeck, un barrio de Hamburgo dende o que saen gran número de peregrinos a Santiago.