O xerente do Xacobeo, José Paz Gestoso e mais o director comercial de Bebidas Gaseosas do Noroeste, S.A., José Picado Carballeira realizaron esta mañá no lugar de Veche, en Abegondo, ao paso da Ruta Xacobea a plantación da primeira das árbores autóctonas que ao longo do día de hoxe realizarán traballadores voluntarios de Begano. Esta acción é resultado dun acordo de colaboración a través do cal Begano se comprometeu á plantación de árbores autóctonas no Camiño Inglés ao seu paso polo Concello de Abegondo.