Xov, 11/07/2013
- O xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo e mais os alcaldes de Sarria, Portomarín, Palas de Rei, Arzúa, Melide e Triacastela firmaron hoxe senllos acordos co obxectivo de incrementar o persoal especializado necesario nos puntos de información turística orientado a proporcionar información específica sobre a ruta e os seus recursos principais
- No acto estiveron presentes tamén as delegadas territoriais da Xunta de Galicia en Lugo e máis na Coruña, Raquel Arias e Belén Do Campo, respectivamente
- No que vai de ano, percorreron o Camiño Francés 60.831 peregrinos, 6.759 máis que o ano pasado, un 12,5% máis
- 70,62% dos peregrinos que fixeron o Camiño de Santiago este ano optaron por esta ruta