Mar, 20/03/2012 – Mér, 20/03/2013
- A Xunta de Galicia, a través de Turgalicia, da Secretaría Xeral para o Turismo, participará neste certame turístico internacional entre os días 21 e 24 de marzo
- O Goberno galego aposta pola promoción nos mercados turísticos emerxentes e ademais desta acción, Turgalicia acudiu á feira Guangzhou International Travel Fair de Canton (China) e desenvolverá, xunto con Turespaña unhas xornadas de promoción do destino entre os operadores turísticos das principais cidades rusas.