Dom, 30/09/2012
- Dende mañá luns ata o día 14 de outubro os habitantes da Cidade Condal poderán descubrir con esta mostra didáctica a historia e os contidos do Calixtino, a época na que se fixo e unha síntese da historia do Camiño e dos seus valores culturais
- O proxecto expositivo da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo percorrerá nos vindeiros meses outras cidades españolas como Madrid, León, Málaga ou Pamplona, e tamén europeas como Le Puy; Munich, Berlín ou Roma . Na organización desta mostra colabora a Fundación Catedral de Santiago e mais o Museo do Pobo Galego