O Mosteiro de Oseira inaugura un albergue de 24 prazas para peregrinos na Vía da Prata

Posted by on 10 agosto 2012

A Abadía Cisterciense de Oseira aproveitou onte a xornada festiva de San Famiano para inaugurar as novas instalacións dun albergue para peregrinos no Camiño do Sueste – Vía da Prata, que foi habilitado nun dos edificios que integran o monumento eclesial. Un espazo totalmente remodelado no seu interior e que antes únicamente era utilizado polos camiñantes a Compostela para descansar e cambiarse de roupa.

As obras de acondicionamento e mellora deste novo refuxio de peregrinos contaron cunha axuda económica da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo.

Lascia un commento

Il tuo indirizzo email non sarà pubblicato. I campi obbligatori sono contrassegnati *

Avvisatemi sugli sviluppi di questa discussione. (avvisatemi anche se non ho commentato)