Ven, 31/08/2012
- O Observatorio do Camiño de Santiago –que foi presentado hoxe en Santiago pola directora do Instituto de Estudos Turísticos de Galicia e mais polo xerente do Xacobeo- permitirá deseñar un marco metodolóxico para adecuar as técnicas de investigación á realidade e dispor de información real. Permitirá tamén a medición dos fluxos de peregrinos, a análise do seu perfil e comportamento, a implantación dun software de xestión nos albergues públicos, así como o intercambio de información con outras comunidades e países.
- A web do Instituto de Estudos Turísticos conterá un link de acceso a todos os datos do observatorio. A súa existencia permitirá por primeira vez a compatibilidade dos datos entre destinos e en diferentes momentos temporais.