O Camiño do Sueste – Vía da Prata contará a partir de mañá cun novo albergue de peregrinos en Bandeira

Posted by on 3 luglio 2013

A S.A. de Xestión do Plan Xacobeo informa que, mañá día 4 de xullo de 2013, ábrese ao público un novo albergue de peregrinos situado na localidade de Bandeira, Concello de Silleda (Pontevedra).

Con este novo establecemento, os peregrinos que fagan o Camiño do Sueste – Vía da Prata contarán con doce albergues no tramo galego desta ruta de peregrinación.

O albergue está situado na rúa Lourdás, conta con 36 prazas e pon a disposición do peregrino todos os servizos habituais nos establecementos da Rede de Albergues da Xunta de Galicia.

ler máis

Lascia un commento

Il tuo indirizzo email non sarà pubblicato. I campi obbligatori sono contrassegnati *

Avvisatemi sugli sviluppi di questa discussione. (avvisatemi anche se non ho commentato)