O Camiño de Santiago alcanza os 215.880 peregrinos en 2013, o de maior afluencia en anos non santos

Posted by on 3 gennaio 2014

215.880 peregrinos de 156 países, dos que case a metade chegaron de distintos puntos da xeografía española, son os que realizaron en 2013 o Camiño de Santiago, que bateu unha nova marca nun ano non santo.

Tralos españois, son os camiñantes máis numerosos os alemáns (7,51%), os italianos (7,24%), os portugueses (4,96%), e os estadounidenses (4,69%), que entran con forza neste ránking.

Por sexos, houbo 117.872 homes e 98.008 mulleres, en tanto que o Camiño Francés foi a ruta maioritaria (70,30%), seguido do Camiño Portugués e da Vía da Prata.

Lascia un commento

Il tuo indirizzo email non sarà pubblicato. I campi obbligatori sono contrassegnati *

Avvisatemi sugli sviluppi di questa discussione. (avvisatemi anche se non ho commentato)