Xov, 27/02/2014
- A directora de Turismo de Galicia e mais o xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo recibiron aos responsables deste ente asociativo que promove e difunde en Italia o Camiño de San Francisco
- No encontro estivo presente tamén o deán da Catedral de Santiago, Segundo Pérez
- Os responsables da asociación viaxaron a Galicia acompañados polo concelleiro de Cultura e Turismo do Concello de Rieti, Diego di Paolo. O concello de Rieti colaborou na celebración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago con Turismo de Galicia na organización da exposición San Francisco e o Belén, para a que prestou pezas de beléns históricos procedentes de Greccio