Mér, 24/10/2012
- Destaca que a nosa forma de ser lévanos a pensar que somos máis fortes canto máis cooperemos cos demais pobos que forman España e Europa e di que se fomos os primeiros en derribar os muros que illaban aos europeos do pasado, “agora queremos estar cos que cren que a defensa do propio non se fai separando senón unindo”
- “Europa nace porque cada peregrino inicia a súa viaxe saíndo dun país e regresa sendo europeo. Durante o camiño toma conciencia de que xuntos se camiña mellor, de que xuntos se superan mellor os obstáculos, de que xuntos se chega antes á meta compostelá. O camiño ensina que a insolidariedade é inútil porque nos volve inermes ante os perigos que nos axexan”, asegura
- Afirma que a declaración do Camiño de Santiago como Primeiro Itinerario Cultural Europeo foi algo máis que unha distinción; “foi un recoñecemento ao papel de Galicia na construción de Europa e un impulso que se traduciu no florecemento da ruta xacobea neste cuarto de século”