Feijóo cifra a ampliación da rede pública de albergues en casi 500 novas prazas e destaca que case o 17% do total das prazas públicas dispoñibles para os peregrinos abriranse nesta lexislatura

Posted by on 25 luglio 2012
Ven, 20/07/2012

  • Das 2.806 prazas que había en 2009 pasarase a case 3.300, grazas ás creadas nos últimos anos e ao que rematen os cinco albergues que están agora mesmo en obras
  • Segundo Feijoo, “os albergues son unha das cartas de presentación de Galicia para os peregrinos que deciden facer o Camiño”. “Ao longo da lexislatura temos feito o mellor ano xacobeo da nosa historia e seguimos traballando para seguir mantendo o Camiño e mellorando os albergues que o conforman”
  • Lembra que desde 2009 a Xunta leva investidos na conservación, recuperación e mellora dos Camiños de Santiago case de 9 millóns de euros
  • Establece que desde o Goberno galego “vamos a seguir traballando por internacionalizar o turismo do mesmo xeito que seguimos traballando por internacionalizar a nosa economía”. “Un obxectivo fundamental que ten que concretarse no turismo”
  • Considera o peso do Camiño de Santiago “especialmente importante” no eido internacional, como proba o feito de que nos cinco primeiros meses deste 2012 o turismo internacional medrase en Galicia 1,5 puntos
  • O gasto do turismo estranxeiro tamén se incrementou, con máis de 230 millóns de euros, un 13,2 por cento superior ao das mesmas datas de 2011

ler máis

Lascia un commento

Il tuo indirizzo email non sarà pubblicato. I campi obbligatori sono contrassegnati *

Avvisatemi sugli sviluppi di questa discussione. (avvisatemi anche se non ho commentato)