A Fundación da Peregrinación a Santiago e a Oficina do Peregrino de Santiago de Compostela convocan o Concurso Compostelae para o deseño dunha camiseta para a peregrinación a Santiago. O gañador/a recibirá un premio de 1.000 euros doado polo artista e galerista inglés Phil Turner.
O prazo para a presentación de proxectos será do 8 ao 22 de marzo de 2013.
+info:concursocompostelae@gmail.com