Os once concellos do Camiño Francés asinaron en Paradela -Concello que preside este ano a Mancomunidade de Municipios Galegos do Camiño- un convenio con Turismo de Galicia para organizar actividades culturais e realizar tarefas de mantemento da Ruta e de atención ao peregrino. Os concellos recibirán un total de 373.000 euros.
Co convenio, que entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2014, os concellos reciben 1.4000 euros por cada quilómetro de camiño. A contía terase que dedicar a tarefas de limpeza do traxecto e á súa conservación.