Xov, 24/10/2013
- Apunta que existirán dúas categorías de ‘Embaixador de Honra do Camiño’, ambas as dúas con carácter vitalicio e exclusivamente honorífico: a categoría a título persoal e a categoría de carácter institucional
- A presentación de propostas de candidatos para o título poderá realizarse ao longo de todo o ano, e os embaixadores comprometeranse a colaborar na programación cultural anual da Xunta con, polo menos, unha acción ou actividade
- Explica que poderán concederse como máximo oito títulos de embaixador vitalicio en cada categoría, correspondentes ao número das oito rutas históricas do Camiño de Santiago