Lun, 16/09/2013
- Esta nova oficina situarase en Verín grazas ao convenio asinado pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro Domínguez e o alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán para acometer as actuacións de adecuación dos espazos
- Nava Castro incidiu na importancia de contar cun servizo de información turística especializado nun punto neurálxico da entrada en Galicia e mais da Vía da Prata tendo en conta o auxe desta ruta xacobea así como a importancia do mercado portugués para Galicia
- No que vai de ano, percorreron a Vía da Prata un 7,8% de peregrinos máis que no mesmo período do ano pasado