Xov, 06/09/2012
- Carmen Pardo mantivo hoxe un encontro coa a alcaldesa da cidade norueguesa de Trondheim, Rita Ottervik, así como con diversos membros da delegación que a acompaña estes días nunha viaxe de estudo por Galicia. Durante o encontro estivo acompañada polo xerente do Xacobeo, José Paz Gestoso.
- Entre os días 2 e 7 de setembro, a delegación está a realizar unha viaxe de estudo sobre a industria cultural así como sobre as principais iniciativas realizadas en Galicia en prol do desenvolvemento turístico do Camiño de Santiago e a súa repercusión nas infraestruturas, no crecemento local e na protección do ambiente.