Xov, 18/10/2012
- O xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, José Paz, asiste estes días na cidade armenia de Yerevan á Conferencia Internacional ‘Valores Universais e Diversidade Cultural no século XXI: Como pode o turismo converterse en factor de cambio’
- Esta Iniciativa reúne a máis de vinte países co obxectivo de sacar o maior partido posible dos bens turísticos que comparten e impulsan o posicionamento estratéxico da rexión. O encontro forma parte da estratexia da OMT de reforzar a cooperación en Europa con miras a incrementar a competitividade turística