O emblemático arcebispo compostelán estivo moi ligado a este concello xa que o seu pai fora o alcaide das Torres do Oeste
Santiago, 24 de xullo de 2011- A Exposición “Compostela e Europa. A historia de Diego Xelmírez”, que acadou grande éxito e repercusión, trasládase agora a Catoira, localidade moi ligada á historia do arcebispo compostelán e ás peregrinacións xacobeas por ser punto de referencia principal da Ruta do Río Ulla e do Mar de Arousa, a orixe do fenómeno xacobeo.