Mér, 25/09/2013
- A directora de Turismo de Galicia presidiu hoxe a sesión constitutiva da Comisión formada pola Administración Xeral do Estado, a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias
- As funcións da Comisión serán as de aprobación dos plans e programas de actividades específicas que poden dar lugar á aplicación dos citados beneficios fiscais; a certificación da adecuación dos gastos realizados aos obxectivos e plans do programa de apoio e a aprobación do logotipo do acontecemento e o seu manual de uso e aplicación
- Turismo de Galicia será o órgano encargado de organizar o evento e executar o programa de actuacións, directamente ou a través da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo